Infraestructuras e servizos municipais

  •  Urbanismo

 

 

  • Punto de Información Catastral (PIC)

O PIC (Punto de Información Catastral) é un servizo que vén prestando dende hai pouco tempo o concello de Maside en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda.
A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán todas as vantaxes da Oficina Virtual do Catastro, dun xeito gratuíto e sen ter que desprazarse ata Ourense, no caso do noso municipio, para obter información.

  • Servizos Sociais

As oficinas de Servizos Sociais do concello de Maside están situadas no edificio do Centro de Saúde da vila. Alí, varias técnicas (traballadora social, educadora social e psicóloga) atenderán as súas necesidades en horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

Para máis información:  servizossociais.maside@eidolocal.es

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Servizo de Orientación laboral

O concello de Maside conta desde o ano 2008 cun Servizo de Orientación laboral, que permite pór a disposición dos seus cidadáns unha serie de accións encamiñadas a mellorar a situación da súa poboación, ao facilitar e impulsar tanto a inserción laboral de homes e mulleres como o apoio ao tecido empresarial.

A este servizo correspóndelle a xestión dos programas de axuda para a busca de emprego, de mellora de emprego ou de reciclaxe profesional, así como os relativos ao asesoramento e orientación, itinerarios personalizados de inserción profesional e laboral, análise e información do mercado de traballo, a súa evolución e a adecuación entre a oferta formativa e a demanda laboral.

Accións

*     Asesoramento individualizado para a busca de emprego.
*     Información sobre ofertas laborais e cursos de formación (Taboleiro actualizado).
*     Elaboración de Currículum Vitae e Cartas de presentación.
*     Xestión de bolsa de emprego do Concello.
*     Preparación de entrevistas de traballo.
*     Asesoramento á empresa (Recursos Humanos e subvencións).
Para máis información poden dirixirse á oficina de Orientación laboral do Concello situada na antiga Sindical (1ª planta), ó e-mailorientacion.maside@eidolocal.es ou chamar ó teléfono: 988 401117 (Ana Álvarez)

 

  • Deporte

 Instalacións deportivas

 Piscina da Rañoa
 Piscina da Rañoa
                    
Pavillón de deportes  municipal              Pista polideportiva cuberta en Dacón
          

 Parque biosaudable na Eiriña Nova de Dacón  

       
 

Parque biosaudable no Campo da feira de Maside

    

Parque de San Antonio (Maside)

 
  • Lecer

    

Alameda de Maside
     
Praza de Correos (Maside)
  • Cultura 

Casa municipal de Cultura

Biblioteca                   

Biblioteca e aula de Internet

Salón de Actos

 

 

 

  • Educación

As nosas escolas

Colexio Público Infantil de Dacón         

Colexio Público Infantil de Dacón

Colexio Público Infantil de Maside

        

Colexio de Educación Secundaria de Maside (Outeiro Grande)