Actualidade 1

ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DA AODEM

sábado día 6 de xuño ás 17,00 horas.

Concello de Maside organiza unha ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DA ASOCIACIÓN OURENSANA DE ESCLERÓSIS MÚLTIPLE, ELA, PARKINSON E OUTRAS ENFERMIDADES NEURODEXENERATIVAS (AODEM).

Este evento terá lugar o vindeiro sábado día 6 de xuño a partires das 17,00 horas.

O percorrido terá dúas rutas: unha curta de 5 km, e outra longa de 15 km. A saída está prevista para as 17,00 horas da Praza Maior de Maside, percorrerá as rúas do centro urbano e dirixirase a Paraxe Natural do Puzo do Lago (declarado ENIL). Durante o percorido e tamén ó finalizar haberá avituallamentos.


A cota de inscrición é de 5 €, que será donada integramente a AODEM, ó remate do evento.

Para participar deberán facer a inscrición a través de calquera destes medios:
.- En persoa nas Oficinas dos Servizos Sociais (8,00 a 14,30 h), sitas no Centro de Saúde de Maside.
.- Por telefono: 988 40 11 08 (8,00-14,30h) // 608 24 22 10
.- Por email: asociacion.maniotas@gmail.com


As inscricións estarán abertas ata o mesmo día da Andaina, e para todas aquelas persoas interesadas en colaborar pero que non poidan participar hai habilitado un número de conta na que poderán depositar os seus donativos: ES64 2080 5315 7030 4035 2461.

Todolos inscritos deberán recoller o seu dorsal na carpa que haberá na Praza Maior ata media hora antes da saída.

 

ANIMATE A PARTICIPAR!!!

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES- ANPA CPI TERRAS DE MASIDE

oferta de actividades extraescolares ofertadas pola anpa do cpi terras de maside

A ANPA do CPI Terras de Maside informa das Actividades Extraescolares que se propoñen para o presente curso lectivo 2014/2015, en horario de 16,30 a 17,30 horas, condicionando o seu inicio á inscrición dun mínimo de alumnos/as por actividade, en xeral 10.

Para inscribirse en calquera destas actividades, é imprescindible pagar a cota de socio da ANPA (fixada en 12€ por ano e familia).

Tanto a cota de socio como as mensualidades das actividades poden pagarse na conta bancaria da ANPA, do Banco Santander (alameda de Maside).

Para calquera consulta:

.- Isabel: 660.545.923

.- Sofía: 630.679.251

.- Celia: 619.353.640

LISTAXE DE ACTIVIDADES:

1.- Educativas- Reforzo Academico:

.- Técnicas de estudo: aplicación de técnicas para aproveitar o tempo adicado a estudo e deberes.

.- Inglés (en grupos):Infantil-1º,2º Primaria // 3º,4º,5º,6º Primaria // ESO

.- Francés (Iniciación): alumnos de 6º Primaria e ESO

.- Informática (en grupos): Infantile Primaria (ata 4º) // 5º,6º Priamria e ESO

2.- Ludicas e Deportivas:

.- Balonmán/Voleibol/B´dminton: será un combinado de deportes, pensando en alternativas a outros que xa se ofertan dende o Concello de Maside.

.- Taekwondo: o prezo desta actividade estará en torno a 15 €, en función do número de inscritos.

.- Baile (grupos): Infantil e 1º,2º Primaria // 3º,4º,5º,6º Primaria e ESO

.- Xadrez: dada a aceptación do ano pasado, repetimos esta actividade, pensando no desenvolvemento da axilidade mental e da concentración.

.- Contacontos: especialmente adicada ós máis pequenos de Infantil e 1º,2º Primaria

.- Debuxo e pintura: para desenvolver a creatividade e a imaxinación dos pequenos (Infantil e EP)

Por outra banda, dende a Federación de ANPAS de Ourense, realizan a oferta deportiva da Fundación Cipri Gómez, para a zona de O Carballiño:

Ximnasio Madokoan-Gym (Av. Julio Rguez. Soto, 10:

.- Hapkido: Martes e Xoves de 19,00-20,00 horas (30 €/mes socios ANPA)

.- Kickboxing: Martes e Xoves de 18,00-19,00 horas  (30 €/mes socios ANPA)

.- Funky-Ballet: Xoves de 18,00-19,00 horas  (20 €/mes socios ANPA)

Prezo mensual por actividade (excepto Taekwondo): 11 €

Día Actividade Grupos Monitores
Luns Informática 5º-6º EP + ESO Xabier
Contacontos Infantil + 1º, 2º EP CEGAPSE
Debuxo Infantil + Primaria Rita
Martes Baile Infantil + 1º,2º EP Antía
Inglés ESO CEGAPSE
Inglés 3º a 6º EP CEGAPSE
Mércores Informática 1 a 4º EP Xabier
Técnicas de Estudo EP + ESO CEGAPSE
Francés 6º EP + ESO Rita
Xoves Baile 3º a 6º EP + ESO Antía
Inglés Infantil + 1º,2º EP CEGAPSE
Deporte Combinado Primaria + ESO CEGAPSE
Venres Xadrez 3º a 6º EP + ESO Ánxeles
Taekwondo (aprox. 15 €) Todos Cristina

EM Triatlón

O Concello de Maside abre, por terceiro ano consecutivo, as portas da EM Triatlón a todos aqueles rapaces e/ou rapazas que poidan estar interesados/as en unirse a un equipo que durante estes anos demostrou sobradamente o seu caracter de superación chegando a acadar moi bos resultados nas súas competicións.

Categorías e horarios de adestramentos:

.- CADETES (nados en 1998-1999-2000):

Luns: Natación (18,00-19,00 h) e Carreira (19,00- 20,00h)

Martes: Natación (18,00-19,00 h)

Mércores: Carreira (18,30-19,30 h)

Xoves: Natación (18,00-19,00 h)

Venres: Natación (18,00-19,00 h)

Sábado: Bicicleta (2 ou 3 horas // mañá ou tarde)

.- BENXAMÍN- ALEVÍN- INFANTIL :

Luns: Natación (18,30-19,30 h)

Mércores: Carreira (18,30-19,30)

Xoves: Natación (18,30-19,15 h)

Cotas de participación:

.- Cadetes: 40 €/mes

.- Benxamín/Alevín/Infantil: 35 €/mes

.- Aluguer bicicleta: 10 €/mes

Máis información e inscricións: Oficinas dos Servizos Sociais de Maside ou no 988 40 11 08 (Yolanda)

EM Música Tradicional

matricula aberta todo o ano.

Esta escola ten o obxectivo de fomentar a música tradicional partindo da aprendizaxe dos seus principais instrumentos musicais, gaita, tamboril e bombo, así como diversos instrumentos de parcusión como trécolas, cunchas, culleres… e como non, a pandeireta.

No tocante ás clases, estas estarán orientadas tanto a persoas que queiran iniciarse nesta música como a outras xa iniciadas que busquen o seu perfeccionamento, independentemente da idade. Para as primeiras, as clases serán conxuntas e impartiránselle clases dos tres instrumentos principais, coa finalidade de coñecer os distintos ritmos e formas que a nosa música posúe, así como os distintos instrumentos. Para as segundas, as clases serán individuais ou en grupos reducidos, creando combos que axilicen e dinamicen a aprendizaxe.

Lugar e Horarios:

Casa da Cultura de Maside:

.- Gaita e percusión: martes e xoves 18,00-19,00 horas

.- Pandeireta: sábado 16,00-17,30 horas

Cota:

.- Gaita e percusión: 20 €/pers/mes

.- Pandeireta: 15 €/pers/mes

* Prezos reducidos para aquelas persoas que se inscriban en tódalas disciplinas.

*Será necesario un número mínimo de persoas para realizar a actividade.

 

Máis información e inscricións: Oficinas dos Servizos Sociais ou no 988 40 11 08 (Yolanda)

EM Futbol Sala

Un ano máis a Escola de Futbol Sala abrirá a súa tempada o vindeiro xoves día 2 de outubro de 2014.

Tódolos/as rapaces/as interesados en participar poderán facer a súa inscrición nas Oficinas dos Servizos Sociais de Maside, en horario de 8,00 a 14,30 horas (Yolanda).

Os horarios de entrenamento son:

.- Martes e xoves: 18,00 a 19,00 horas

A cota mensual da Escola para esta tempada 2014/2015 será de 25 €/neno-a.

EM. Baloncesto

O Concello de Maside por segundo ano consecutivo colabora co CB Maside para por en marcha a Escola de Baloncesto.

Nesta vindeira tempada o CB MAside participará nas seguintes categorías:

2ª División Benxamín Mixto (nados entre 2005-2009)

2ª División Alevín Mixto (nados entre 2003-2004)

2ª División Infantil Mixto (nados entre 2001-2002)

As inscrición poderán formalizarse nas Oficinas dos Servizos Sociais de Maside en horario de 8,00 a 14,30 horas.

A cota para a tempada é a correspondente á formalización da ficha federativa, e a o importe da roupa de xogo facilitada (no caso de tela aplicaráselle un desconto do 15% na inscrición), será de 100 €, a abonar no mes de decembro.

Horarios de entrenamento:

.- Categ. Benxamín e Alevín: Luns e venres: 18,00 – 19,15 h

.- Categ. Infantil: Luns e Venres: 19,00-20,30 h

.- Adestramentos opcionais para categorías alevín e infantil, ademáis de nenos/as non federados/as (nados entre 1997 e 2000): Martes 19,00-20,30 h

 

MERCADILLO NA FEIRA DO NOVE

A partir do 9 de abril haberá un mercadillo en Maside tódolos días 9 de cada mes.

Cartel da feria do 9

Maside en FACEBOOK

Comunicamos, para todos aqueles que aínda non o saiban, que Maside está presente na rede social facebook, a través do grupoCONCELLO DE MASIDE – EU SON MASIDAO, creado hai dous anos por un xove do concello co obxectivo de crear un espazo online mediante o cal estar en contacto amigos, veciños e emigrantes das terras de Maside.

Se tes un perfil neste actual canal de comunicación, únete ó grupo CONCELLO DE MASIDE – EU SON MASIDAO e ponte en contacto cos veciños e amigos das terras de Maside.

 

Por outro lado, o Concello de Maside ten un perfil propio en facebookVIVE MASIDE, que naceu como ferramenta de promoción para dar a coñecer Maside e os seus eventos e festas polo mundo adiante.

 

 

¡ VIVE MASIDE!

Fotos participantes no I Concurso Fotográfico ¡Os cogomelos das terras de Maside!

 

 ¡VOTA Á FOTO QUE MÁIS CHE GUSTE !

¡ PARTICIPA NA VOTACIÓN !

 

AS FOTOS PARTICIPANTES FORON:

 

A Lapeira
  • Nome: A Lapeira

 

  • Nome: A Cascada

 

A Solitaria

 

  • Nome: A Solitaria

 

As Presumidas
  • Nome: As Presumidas

 

El Risitas
  • Nome: El Risitas

 

Escríbenos a: turismo@concellodemaside.es 

e dínos a foto que máis che gusta e o motivo da túa elección

 

¡PARTICIPA NA VOTACIÓN!

 

 

  •  RESOLUCIÓN a 21 de decembro:

A foto gañadora é ” A Cascada” feita por Ana Belén Hermida Lorenzo, veciña do Carballiño.

¡ ENHORABOA  ANA BELÉN !

Fotos I Fin de Semana Micolóxica ¡Á busca dos cogomelos das Terras de Maside!

Xa están colgadas as fotos da I Fin de Semana Micolóxica ¡Á busca dos cogomelos das Terras de Maside!, organizada pola Área de Turismo do Concello de Maside e celebrada o 20 e 21 de novembro 2009.

Para velas fotos tendes que ir ó apartado ACTUALIDADE e dentro deste a “arquivo fotográfico“.

Lembrade que o prazo para entregar as fotos, para poder participar no I Concurso Fotográfico, remata o próximo 30 de novembro e que tedes colgadas as bases do concurso.

¡COMPARTE AS TÚAS FOTOS! 

Se dispós de imaxes interesantes destas Xornadas e queres publicalas nesta sección, ¡ponte en contacto connosco!

turismo@concellodemaside.es

MASIDE XA ESTÁ A 10 MINUTOS DA CAPITAL PROVINCIAL

 

Desde o pasado 29 de outubro, Maside está máis cerca da capital provincial, Ourense, grazas á inauguración do novo enlace AG- 54.

A AG-54 é unha vía de alta capacidade que permite acurtar a distancia coa cidade de Ourense, así como un acceso directo á autopista AG-53 entre Santiago e a capital das Burgas, e a A-52, que conecta con Vigo e Madrid. Con esta nova comunicación o centro de Ourense está a 10 minutos, mentres que Vigo e Santiago quedan a 45 minutos.
O enlace de Maside encontrase no punto kilométrico 3,6 do novo vial, e permite os xiros tanto en sentido Carballiño como cara á autovía.
Se Maside xa era polos seus propios recursos (comercios, vida social, riqueza cultural e natural, tranquilidade, etc.) un lugar ideal para vivir, con este novo enlace as vantaxes como lugar de residencia e de negocio son aínda maiores.
Se queres comprar ou alugar unha casa ou abrir o teu negocio en Maside, ¡ponte en contacto con nós!

¡BENVIDO!
¡VIVE MASIDE! UN CONCELLO CON FUTURO

Fotos do II Campamento Verán – Xullo 2009

campamento de verán para nenos de 6 a 12 anos

 

Fotos do II Obradoiro de Verán – Agosto 2009

obradoiros de verán para nenos de 3 a 6 anos

 

     
     
     
 

Bolsa de comercialización de vivendas e inmobles

servizo gratuíto dedicado á comercialización de inmobles situados no municipio (vivendas, baixos ou solares).

O Concello de Maside pon á disposición dos seus veciño/as un servizo dedicado á comercialización e promoción de inmobles, no cal se asesora e axuda ós propietarios de vivendas, baixos ou solares situados no municipio, a vendelos ou alugalos.

Conscientes do importante patrimonio de vivenda que ten o concello de Maside, en moitos casos abandonado e que suscita unha grande interese entre posibles compradores doutras rexións de Galicia, España e incluso do estranxeiro, o Concello de Maside está a confeccionar unha bolsa de propiedades que promoverá en Internet en varias webs, entre elas, na web do Concello www.concellodemaside.es .
O Concello de Maside ten varios puntos ó seu favor como lugar de residencia, xa que ofrece tranquilidade pero ó mesmo tempo posúe unha importante vida social e comercial. Asemade, a isto súmase a súa gran riqueza natural e a súa estratéxica situación (a 11 minutos de Ourense e a 3 minutos do Carballiño), o que fai de Maside un lugar ideal para vivir.
Todos aqueles interesados en vender, alugar ou comprar inmobles poden poñerse en contacto ca técnica encargada, Ana otero, na Casa Consistorial do Concello en Maside ou a través do teléfono 988 28 89 52/ 988 28 06 06 ou do e-mail vivemaside@gmail.com.

Fotos Entroido 2009

fotos do entroido 2009 en maside. ¡unha fiestra ás tradicións!

 

   
            
     
     
     
   

¡COMPARTE AS TÚAS FOTOS! 

Se dispós de imaxes interesantes do Entroido 2009 de Maside e queres publicalas nesta sección, ¡ponte en contacto connosco!

turismo@concellodemaside.es