Patrimonio natural

PATRIMONIO NATURAL

¡DESCUBRE MASIDE!
         O concello de Maside está situado entre os 200 e os 500 m de altitude. É unha superficie onde a paisaxe reúne características propias de terreos cun subsolo granítico, fracturado por presións tectónicas que orixinaron multiplicidade de pequenas fallas. En moitos casos condicionaron a dirección dos arroios e regueiros, dando lugar a mananciais de augas termais, como é o caso da Rañoa (ver apartado de Termalismo).
 Puzo do Lago
A beleza paisaxística é un dos elementos que fan de Maside un lugar idóneo para percorrelo e descubrilo.
A historia e a natureza danse a man no seu terreo e fan que o visitante, satisfeito polo que observa ó seu redor, admire moitas construccións, testemuñas da historia.
Algúns dos espazos naturais, xoias do Concello e debuxados polo devir do tempo, en ocasións coa axuda da man do home, son o PUZO DO LAGO, aRAÑOA e as ribeiras do río Barbantiño coa súaFERVENZA DO CACHÓN.
¡Belas estampas que porán en acción tódolos teus sentidos!
                                                            

O PUZO DO LAGO

“… Y otra tarde les enseñó un curioso lago, del cual se referían en el país mil consejas: que no tenía fondo, que llegaba al centro de la tierra, que bajo sus muertas ondas se columbraban ciudades sumergidas, que flotaban en él materias extrañas y crecían nunca vistas flores. Era el tal lago, en realidad una gran excavación, probablemente una mina romana inundada, que, presa entre la serie de montículos de toba arcillosa que la pala de los mineros había acumulado por todas partes, ofrecía sepulcral y fantástico aspecto, ayudando a la ilusión, la melancolía de las vegetaciones palustres que verdeaban en la sobrehaz del gran charco”.
“…- Jesús… qué miedo tan estúpido… me he lucido… estoy a la altura de las chicas! Es que el dichoso charco impone… Diga usted: ¿cómo no han sacado vistas de él? Es muy raro y muy pintoresco”.
El Cisne de Vilamorta de Emilia Pardo Bazán (1885).
                   
Tras esta breve descrición que fai Emilia Pardo Bazán do noso Puzo do Lago, debemos salientar a gran importancia e singularidade deste espazo natural, o único dentro da comarca do Carballiño, que , a pesar da súa relativamente pequena extensión, abarca unha serie de elementos ecolóxicos, paisaxísticos, culturais e arqueolóxicos moi diversos, algúns dos cales son únicos. Constitúe un dos enclaves patrimoniais máis senlleiros do concello de Maside, tanto pola época histórica na que se formou como pola súa rareza tipolóxica. Asemade, cómpre salientar que na actualidade o Puzo do Lago está declarado, de xeito provisorio, como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).
Para máis información sobre a súa declaración:
PUZO DO LAGO DE MASIDE…
¡UN LUGAR PARA SOÑAR!
 
O Puzo do Lago nace nos restos dunha explotación mineira a ceo aberto da época romana que en Galicia tivo moi poucos referentes, e que co paso do tempo e tras un longo proceso de rexeneración e de naturalización espontánea, derivaron nunha pequena lagoa na que conviven flora e fauna únicas na zona, e sobre a que hai misteriosas lendas e intrigas de buscadores de ouro e dun pobo sumerxido que alancando entre a realidade e a lenda aínda perdura na memoria colectiva.
A explotación mineira abrangue unha superficie dunhas 15 hectáreas de terreos, caracterizados pola sucesión de barrancos (grobas) formados pola explotación intensiva. Ademais, debemos destacar o feito de que os últimos estudos vencellan o Puzo do Lago de Maside ó Castro de San Cibrao de Lás de San Amaro, como parte vital da existencia dese castro. E o certo é que a dimensión de San Cibrao de Lás parece impensable sen a existencia da minería do Puzo do Lago.
PUZO DO LAGO DE MASIDE…
¡ UN LUGAR PARA PERCORRER !
No entorno do espazo da lagoa existe unha pista de hípica, que ocupa o límite N e E do Puzo, onde se celebran competicións deste deporte, moi arraigado entre os veciños de Maside e, a finais do mes de Agosto, a Festa do Cabalo, que chega a congregar ata 8.000 visitantes.

Todo isto está adubado co bosque mixto de carballos e piñeiros de gran beleza que recomendamos percorrer despacio, gozando de todos e cada un dos seus recunchos. Agora ben, ¡recorde ser respectuoso co medio ambiente!

       

Cun entorno natural, absolutamente privilexiado, o Puzo do Lago é unha visita obrigada para os amantes da natureza. Os seus bosques, cheos de ricas e variadas especies, tanto de flora como de fauna, bríndannos paisaxes de incomparable fermosura. Todo iso fai que Maside empece a ter un distintivo propio, agardando, hospitalario sempre, a chegada do turista.

¡BENVIDO!

O RÍO BARBANTIÑO

 

 

 

 

Para máis información, contacta con nós: turismo@concellodemaside.es