Qué comer e onde

MASIDE: TERRA DE SABORES

¡ALIMENTA OS TEUS SENTIDOS!

Ó pensar en diferentes zonas turísticas, a mente escápasenos a determinados atractivos, que resaltan os destinos: paisaxe, arte, festas, gastronomía… e é que tódolos pobos teñen recursos auténticos e diferentes dos pobos veciños e un recurso moi especial a ter en conta é a súa propia gastronomía, froito da súa historia.

A gastronomía converteuse en sinal de identidade dun lugar, de cada lugar, e por suposto, Maside non se queda á marxe, sendo un dos elementos que máis se estrañan ó estar lonxe da terra. A gastronomía é sabor, olor, tacto, vista… Todos os nosos sentidos actívanse ó estar diante dun bo prato culinario.
Maside foi sempre coñecido polo bo comer, con produtos coñecidos en toda a rexión galega, en España e incluso no estranxeiro. Magníficos exemplos disto son: os xamóns de Dacón, as roscas de améndoa de Don Secundino, os melindres das Capirotas, as cañas e o pan de Maside ou os chuletóns e a carne de tenreira criada nos nosos prados e montes.
A nosa cociña é unha cociña tradicional, baseada en productos naturais da terra e na que destaca, como ingrediente principal, a carne, tanto de tenreira coma de porco, por ser esta, zona de gandeiros, tratantes e arrieiros. Agora ben, cómpre salientar tamén os doces de Maside, que sempre tiveron un nome especial nas terras do Arenteiro.
“Es de todos conocido
Maside y Carballiño
que los mejores dulces
son los de don Secundino”.
Honra á verdade facía esta copliña-slogan do primeiro cuarto do século XX, respecto a un produto artesanal tan identificativo durante décadas da vila de Maside, de gran prestixio e paradigma da produción “doceira” daquela época, como eran os melindres de Don Secundino.
A “fábrica de doces” de Don Secundino estaba situada no Campo da feira, tendo lugar a venda ó público nunha tenda ubicada na Praza Maior da vila. Alí, como contan os nosos maiores, facía parada o “Auto Industrial”, como un punto de interese turístico, xa que moitos eran os viaxeiros que se apeaban para comprar os renomeados produtos.
Desgraciadamente Don Secundino faleceu no ano 1936 pero a tradicional confitura masidá continuou das mans das “Capirotas” que seguirían, moitos anos, dando renome e fama a melindres, coñecidos como de “cazo e xema” e rosquillas.
Como vemos neste breve repaso histórico, no pasado foron varios os respetables artesáns “doceiros” de Maside que, con fórmulas propias e, polo momento, irrepetibles, deron renome a Maside.
Na actualidade hai varios fornos que ofrecen tamén unha ampla variedade de pan, empanadas e doces (véxase directorio de empresas) entre os que destacan as “cañas de Maside”.
COCIÑA TRADICIONAL GALEGA NO CORAZÓN DE GALICIA 

Poderiamos dedicar ducias de páxinas a falar da nosa gastronomía, pero preferimos que sexa vostede mesmo o que a deguste, dándolle un exquisito sabor ó seu padal.

A continuación ofrecemos unha relación de restaurantes e lugares de comidas onde poder facelo.
Esperamos que os gocen.
¡Bo proveito!
 RESTAURANTE O BARAZAL
 DATOS XERAIS

  • Dirección: Barandillas de Maside

    Ctra. Ourense-Pontevedra km 21

  • Servizos: Cafetería, restaurante – marisquería, WIFI, servizo de banquetes, cobro con tarxeta, parque infantil, parking privado.
  • Especialidade: Marisco e pescados.
  • Prezo medio da carta: 35 € (non teñen menú do día).
  • Día de descanso: Luns
  • Pechado por vacacións: Do 8 ó 30 de xaneiro

 

 RESTAURANTE OS PITELOS
DATOS XERAIS

  • Dirección: Listanco,1
  • Capacidade: 100 persoas.
  • Horario: 09.30 – 23. 30
  • Teléfono: 988 28 85 17
  • Servizos: Cafetería, restaurante con especialidade en lamprea, rodaballo e pulpo, servizo de banquetes, menú do día.
  • Prezo menú do día: 10 €
  • Día de descanso: Luns
  • Pechado por vacacións: 2ª quincena de outubre.
 PARRILLADA SOTO

 

DATOS XERAIS

  • Dirección: Avda. Estación nº 13, Maside
  • Capacidade: 45 persoas.
  • Horario: 9.00 – 16.00/ 19.00 – 00.00
  • Teléfono: 605 24 15 62 / 605 24 16 53
  • Servizos: Cafetería, restaurante con especialidade en churrasco, bacallao e anguilas, menú do día.
  • Prezo menú do día: 8 €
  • Día de descanso: Luns pola tarde
  • Pechado por vacacións: Do 24 de decembro ó 7 de xaneiro
 BAR TAPERÍA O PAPÓN

DATOS XERAIS

  • Dirección: Rúa Xulio Rodríguez Soto 12, Maside
  • Capacidade: 55 persoas.
  • Horario:
    11.00 – 16.00 (luns)
    07.00 – 01.00 (de martes á venres)
    09.00 – 01.00 (sábados e domingos)
  • Servizos: Cafetería, menú do día, tapas, bocadillos.
    Especialidade en callos.
  • Prezo menú do día: 8 €
  • Pechado por vacacións: Do 22 de decembro ó 3 de xaneiro

 

 

 BAR PRINCIPAL
DATOS XERAIS
  • Dirección: Rúa Principal 120, Maside
  • Capacidade:
  • Horario: 8.00 – 00.30
  • Teléfono: 687 18 01 37
  • Servizos: Cafetería e comedor con menú do día (os xoves ofrecen cocido galego).
  • Especialidade en churrasco e anguilas.
  • Prezo menú do día:
  • Día de descanso: Martes
  • Pechado por vacacións: 2ª quincena de outubro