Saúdo do Alcalde

alcalde-maside

Querid@s navegantes que vos asomades a esta fiestra masidá aberta ao mundo, BENVID@S.

A través dela atoparedes de forma sinxela, fácil e clara, a información que precisades de MASIDE,  municipio referente hoxe na comarca das terras do noroeste da provincia ourensá, como o foi, sen dúbida, en tempos pasados. É o noso un concello do rural galego extraordinariamente comunicado e moi vivo: a presenza diaria de máis de 250 rapaces e rapazas nas aulas do colexio dan fe deso. E, ademais, activo e dinámico, recoñecido polas numerosas actividades para a a poboación de calquera idade, especialmente para pequen@s e moz@s.

Na nosa web tratamos de incorporar un abano de posibilidades que van dende o coñecemento do medio ata as novas e axenda, pasando por seccións como a da oferta inmobiliaria, ou realizar trámites on line. Así pretendemos facer máis accesible e transparente a información á cidadanía. Os servizos que se prestan desde o Concello foron aumentando de xeito continuo nestes últimos anos, co que as relación de comunicación son, asemade, máis frecuentes. De aí o papel importante que xogan as tecnoloxías da información.

Pero esta plataforma non só está pensada para quen queira visitarnos ou facer xestións senón tamén para os fillos, irmáns ou amigos de Maside que se viron obrigados a residir fóra. Queremos que manteñan o cordón umbilical coa nai terra e sigan vencellados a ela. Hoxe hai medios que o facilitan, e este é un máis.

A tod@s, no nome dos que temos a sorte de vivir aquí, reitérovos a BENVIDA.

 

Celso Fernández López.

Alcalde do Excmo. Concello de Maside